1ª avaliación
A primeira avaliación do Módulo IV será o 9 de abril, no segundo recreo. A entrega de boletíns o mesmo día pola tarde. A cualificación que obteñan servirá para darlles información sobre como van levando o curso, pero non supón unha porcentaxe respecto a avaliación final.
Avaliación final
As clases rematarán o 16 de xuño, deixando os días seguintes para facer os exames finais. Lembrade que o alumnado que deixara de asistir ás clases, pero que siga matriculado, ten dereito a facer os exames finais que lle corresponda de cada módulo, polo que debedes ter preparado para ese día un exame por se se da esta circunstancia.
Dende o 17 ao 22 de xuño (ambos incluídos) non haberá clases, só se desenvolverán as probas de cada módulo segundo o calendario que se adxunta.
A avaliación será o 23 de xuño no horario establecido por xefatura de estudos e a entrega de notas indicarase nese momento.
Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021Ler máis