presentación

Queremos ser un instrumento útil á cidadanía. Non só un mero relatorio de contidos ou actividades. Se así fora, non acadaríamos o obxectivo que no IES Asorey pretendemos. Queremos ser unha ferramenta que permita acceso, información e conectividade con tod@s vos. Especialmente, cos que formades parte desta Comunidade Educativa, e que facedes con nós equipo e rede, para chegar entre todos máis lonxe e nas mellores condicións. Temos xa 32 anos de historia. Superamos moitos retos como Centro de Ensino e como Comunidade Educativa, pero queremos iniciar novos e máis ambiciosos proxectos. Pero non podemos, ou non queremos facelos sós. Queremos comunicación, interconexión, compromiso... Sabemos que xuntos poderemos facelo moito mellor. Precisamos sumar todas as sinerxias. Camiñade connosco...Chegaremos lonxe.

PEC

O PE (Proxecto Educativo ) é un instrumento para a xestión, coherente co contexto escolar, que enumera e define as notas de identidade do centro, formula os obxectivos que pretende e expresa a estructura organizativa da institución. A súa función principal é proporcionar un marco global á institución escolar que permita a actuación coordinada e eficaz do equipo docente. Nel encontraremos a información seguinte: Contexto, Organización e recursos, Ideario dos obxectivos do centro, Oferta educativa, Oferta curricular, Programas de innovación educativa, Adecuación dos obxectivos das etapas que se imparten, Avaliación e promoción, Plan lector, Actividades extraescolares e complementarias, A normalización lingüística do centro, Interrelación entre os sectores da comunidade educativa, Colaboración con outras institucións.

Ler máis

Oferta Académica <

A oferta académica é o conxunto de plans de estudo e materias que o noso centro ofrece como docencia. A oferta académica brinda información sobre as características, requisitos, modalidades, opcións e oportunidades de cada ensino secundario tanto no seu tramo obrigatorio ESO, como no seu tramo non obrigatorio (Bacharelato), así como ensinos de formación profesional (ciclos formativos de formación básica, grao medio e superior) ou ESA

Máis información

Actividades

No ámbito educativo, o desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares contribúe de forma importantísima na formación integral do alumnado. Serán os departamentos didácticos os que decidan e organicen as actividades complementarias e extraescolares que queren realizar. Desde a vicedirección encargarémonos de coordinar e facilitar a súa realización. Un dos nosos obxectivos é incluír aquelas actividades que, ao longo do curso, teñan unha especial incidencia na vida cultural da cidade e que se consideren apropiadas para un mellor desenvolvemento do currículo dos alumnos. Todas estas actividades publicaranse neste apartado.

Máis información

FAMILIAS

Damos a benvida a todos os pais, nais e alumnado do I.E.S. «Francisco Asorey». Esperamos que con esta ferramenta se facilíte o seguimento educativo do alumnado, pois poderán consultar libros de texto, transporte, novas, actividades extraescolares, datos de exames, evaluacións, asistencia e incluso descargar documentos...

Máis Información


Saber é máis que un pracer

------

Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo.
Benjamin Franklin