Sobre os teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos |
|||
O IES Francisco Asorey de Cambados ven de ser seleccionado novamente pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para continuar na Rede de Centros de Capacitación Dixital na Comunidade Autónoma de Galicia.
A creación desta rede de centros foi unha iniciativa conxunta do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, o Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas consellerías de educación das Comunidades Autónomas, e supón que nos centros seleccionados poida impartirse unha formación de carácter non formal asociada, entre outras posibles, a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
O obxectivo fundamental é o de establecer os medios para que toda a poboación adquira aquelas capacidades dixitais que lles permitan interactuar como usuarios independentes con entidades financeiras, administracións, organismos e outras entidades. Trátase polo tanto de que a cidadanía poida formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá
nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo realízase de forma telemática, excluíndo de facto a un sector da poboación que, ben pola súa idade, polo seu baixo nivel de formación, ou pola súa vulnerabilidade, carecen das competencias dixitais necesarias, situándoos en clara inferioridade respecto da poboación xeral e empeorando de forma significativa a súa calidade de vida.
Por todo isto, no IES Francisco Asorey impartiranse Cursos de Capacitación Dixital para a cidadanía, dirixidos a persoas adultas (traballadores, desempregados, ...), preferentemente maiores de 55 anos, que non estean cursando ensinanzas regradas e que non posúan competencias dixitais básicas. Estes cursos ofertaranse en tres niveis diferenciados: básico, intermedio e avanzado.
Os cursos son GRATUÍTOS, de 30 horas de formación, distribuídos en 12 días con dúas horas e media de formación cada día, que se impartirán en horario de tarde.
Impartiranse nos meses de abril e maio, e tamén máis adiante nos meses de outubro, novembro e decembro. Para levar a cabo un curso é necesario contar cun mínimo de 15 participantes. Ao rematar o curso, entregarase un certificado de asistencia e
aproveitamento asociado a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (IFC748_2). As datas e os horarios concretos dos cursos estableceranse máis adiante.
Aquelas persoas que estean interesadas, poderán facer a súa preinscrición chamando por teléfono ao 886159160, ou ben cubrindo o impreso de preinscrición que atoparán á súa disposición nas oficinas do noso centro (o horario de atención ó
público é de 9:00 a 14:00 horas).
O IES Francisco Asorey de Cambados ven de ser seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para formar parte da Rede de Centros de Capacitación Dixital na Comunidade Autónoma de Galicia.
A creación desta rede de centros é unha iniciativa conxunta do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, o Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas consellerías de educación das Comunidades Autónomas, e supón que nos centros seleccionados poida impartirse unha formación de carácter non formal asociada, entre outras posibles, a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
O obxectivo fundamental é o de establecer os medios para que toda a poboación adquira aquelas capacidades dixitais que lles permitan interactuar como usuarios independentes con entidades financeiras, administracións, organismos e outras entidades. Trátase polo tanto de que a cidadanía poida formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo realízase de forma telemática, excluíndo de facto a un sector da poboación que, ben pola súa idade, polo seu baixo nivel de formación, ou pola súa vulnerabilidade, carecen das competencias dixitais necesarias, situándoos en clara inferioridade respecto da poboación xeral e empeorando de forma significativa a súa calidade de vida.
Por todo isto, no IES Francisco Asorey impartiranse Cursos de Capacitación Dixital para a cidadanía, dirixidos a persoas adultas (traballadores, desempregados, ...), preferentemente maiores de 55 anos, que non estean cursando ensinanzas regradas e que non posúan competencias dixitais básicas.
Os cursos son GRATUÍTOS, de 30 horas de formación, distribuídos en 12 días con dúas horas e media de formación cada día, que se impartirán en horario de tarde. Haberá cursos en outubro, novembro e decembro. Para levar a cabo un curso é necesario contar cun mínimo de 15 participantes. Ao rematar o curso, entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento asociado a unha cualificación de nivel 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (IFC748_2). As datas e os horarios concretos dos cursos estableceranse máis adiante.
Aquelas persoas que estean interesadas, poderán facer a súa preinscrición chamando por teléfono ao 886159160, ou ben cubrindo o impreso de preinscrición que atoparán á súa disposición nas oficinas do noso centro (o horario de atención ó público é de 9:00 a 14:00 horas).