ESPA nivel II
Os módulos 3 e 4 da ESPA (Educación Secundaria para Persoas Adultas) corresponden ao Nivel II, o que equivale academicamente a 3º e 4º da ESO. Unha vez superados na súa totalidade, obténse o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Requisitos Xerais
Os requisitos necesarios para cursar a Educación Secundaria para Persoas Adultas no nivel II son os seguintes:
Maioría de idade:
Ser maior de idade ou cumprir 18 anos no ano natural no que comeza o cuadrimestre. Exemplo: No curso 2025/26 deberá ter 18 anos no ano 2025 para poder matricularse do primeiro cuadrimestre, ou no 2026 para o segundo cuadrimestre.
Excepcións (Maiores de 16 anos):
Tamén se poderán matricular aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan no ano 2026, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto rendemento. Calquera destas circunstancias deberá ser acreditada documentalmente á hora de formalizar a matrícula.
Táboa de Equivalencias
Comproba a túa correspondencia de estudos anteriores coa organización por Módulos e Niveis da ESPA actual:
| Sistema educativo Lei 1970 | Educación Secundaria Obrigatoria | Educación Secundaria para Persoas Adultas |
|---|---|---|
| Primeiro curso de Bacharelato Unificado e Polivalente con dúas materias pendentes, como máximo, ou primeiro curso de Formación Profesional de Primeiro Grao | Terceiro curso da Educación Secundaria Obrigatoria | Módulo III, Nivel II |
| Segundo curso de Bacharelato Unificado e Polivalente ou segundo curso de Formación Profesional de Primeiro Grao e título de técnico auxiliar | Cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria. Título de graduado en Educación Secundaria | Módulo IV, Nivel II. Título de graduado en Educación Secundaria |
Infórmate sobre a matrícula na ESPA
Accede ao procedemento de inscrición e documentación obrigatoria premendo no seguinte enlace.