No IES Asorey non buscamos ser un mero relatorio de actividades, senón un instrumento útil e ao servizo da cidadanía. Queremos ser unha canle que sinale o camiño cara ao acceso, a información e a conectividade real con todos vós; especialmente con quen integrades esta Comunidade Educativa e sumades esforzos para crear rede. A nosa traxectoria avalanos desde o ano 1990. Ao longo deste tempo superamos numerosos desafíos, e hoxe estamos listos para impulsar proxectos aínda máis ambiciosos. Porén, temos claro que non queremos camiñar sós. Cremos firmemente na comunicación, na interconexión e no compromiso compartido. Para chegar máis lonxe, precisamos sumar as túas sinerxías. Acompáñanos nesta viaxe.
O PE (Proxecto Educativo ) é un instrumento para a xestión, coherente co contexto escolar, que enumera e define as notas de identidade do centro, formula os obxectivos que pretende e expresa a estructura organizativa da institución. A súa función principal é proporcionar un marco global á institución escolar que permita a actuación coordinada e eficaz do equipo docente. Nel encontraremos a información seguinte: Contexto, Organización e recursos, Ideario dos obxectivos do centro, Oferta educativa, Oferta curricular, Programas de innovación educativa, Adecuación dos obxectivos das etapas que se imparten, Avaliación e promoción, Plan lector, Actividades extraescolares e complementarias, A normalización lingüística do centro, Interrelación entre os sectores da comunidade educativa, Colaboración con outras institucións.
Entre os documentos máis importantes do centro en materia de convivencia escolar (elaborados en base a normativa legal pero considerando a autonomía dos centros educativos) destacan tres:
Normas de Organización e funcionamento Plan de Convivencia Punto Laranxa
Erasmus+ é o programa da Unión Europea que financia proxectos de mobilidade e cooperación en educación, formación, xuventude e deporte para o período 2021-2027, cun orzamento superior aos 26.000 millóns de euros. Facilita estancias de estudo ou prácticas de 2 a 12 meses, promovendo a inclusión, a transición ecolóxica e a dixital.
Estamos encantados de anunciar que os nosos proxectos foron oficialmente admitidos na listaxe definitiva de solicitudes da Acción KA1 (Rolda 1) da Unión Europea. Este recoñecemento abre unha porta chea de oportunidades para toda a nosa comunidade educativa.
O plan de autoprotección é un estudo completo, desde o punto de vista da seguridade, dos edificios que constitúen o centro, que inclúe as actividades que se desenvolven nos mesmos, o inventario e a avaliación de riscos, as instalacións de prevención e de protección con que se conta, así como a organización dos medios humanos e materiais dispoñibles, co obxecto de facer fronte, de forma rápida e eficaz, a unha posible emerxencia. O establecemento dun plan deste tipo pretende conseguir que todas as persoas que poidan verse afectadas por unha emerxencia saiban como actuar e como deben coordinarse ditas actuacións para reducir ao mínimo as consecuencias que poidan derivarse da mesma.
Benjamin Franklin
Visión gráfica da estrutura do IES, onde se pon de manifesto a relación formal existente entre as diversas unidades que a integran e as súas principais funcións.
Recursos de orientación educativa e profesional para profesores, familias e alumnos. Si tes dúbidas sobre que podes estudar, as saídas profesionais dos estudos que estás a cursar ou cal pode ser os estudos máis acordes contigo....
O IES F.Asorey comezou a súa andaina en 1990. A día de hoxe, imparte Ensinanza Secundaria, Bacharelatos, ciclos formativos, formación inicial básica..