Queremos ser un instrumento útil á cidadanía. Non só un mero relatorio de contidos ou actividades. Se así fora, non acadaríamos o obxectivo que no IES Asorey pretendemos. Queremos ser unha ferramenta que permita acceso, información e conectividade con tod@s vos. Especialmente, cos que formades parte desta Comunidade Educativa, e que facedes con nós equipo e rede, para chegar entre todos máis lonxe e nas mellores condicións. Temos xa 26 anos de historia. Superamos moitos retos como Centro de Ensino e como Comunidade Educativa, pero queremos iniciar novos e máis ambiciosos proxectos. Pero non podemos, ou non queremos facelos sós. Queremos comunicación, interconexión, compromiso... Sabemos que xuntos poderemos facelo moito mellor. Precisamos sumar todas as sinerxias. Camiñade connosco...Chegaremos lonxe.
O PE (Proxecto Educativo ) é un instrumento para a xestión, coherente co contexto escolar, que enumera e define as notas de identidade do centro, formula os obxectivos que pretende e expresa a estructura organizativa da institución. A súa función principal é proporcionar un marco global á institución escolar que permita a actuación coordinada e eficaz do equipo docente. Nel encontraremos a información seguinte: Contexto, Organización e recursos, Ideario dos obxectivos do centro, Oferta educativa, Oferta curricular, Programas de innovación educativa, Adecuación dos obxectivos das etapas que se imparten, Avaliación e promoción, Plan lector, Actividades extraescolares e complementarias, A normalización lingüística do centro, Interrelación entre os sectores da comunidade educativa, Colaboración con outras institucións.
Entre os documentos máis importantes do centro en materia de convivencia escolar (elaborados en base a normativa legal pero considerando a autonomía dos centros educativos) destacan dúas:
Obxectivos do Centro en relación ás TIC son: Potenciar o emprego da informática como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe, utilizándoa de forma activa tanto por parte dos alumnos como do profesorado. Fomentar o uso dos medios informáticos, facilitando o acceso a esta ferramenta por parte dos alumnos como medio de apoio e reforzo nas súas aprendizaxes. Favorecer a súa utilización por parte do profesorado nas súas tarefas habituais do Centro: programacións, memorias, plans, circulares, normativas, actividades, etc. Facilitar a procura de información e o tratamento crítico da mesma, como forma de coñecer o mundo da internet e as súas posibilidades de acceso á información útil.
O plan de autoprotección é un estudo completo, desde o punto de vista da seguridade, dos edificios que constitúen o centro, que inclúe as actividades que se desenvolven nos mesmos, o inventario e a avaliación de riscos, as instalacións de prevención e de protección con que se conta, así como a organización dos medios humanos e materiais dispoñibles, co obxecto de facer fronte, de forma rápida e eficaz, a unha posible emerxencia. O establecemento dun plan deste tipo pretende conseguir que todas as persoas que poidan verse afectadas por unha emerxencia saiban como actuar e como deben coordinarse ditas actuacións para reducir ao mínimo as consecuencias que poidan derivarse da mesma.
Benjamin Franklin
Visión gráfica da estrutura do IES, onde se pon de manifesto a relación formal existente entre as diversas unidades que a integran e as súas principais funcións.
Recursos de orientación educativa e profesional para profesores, familias e alumnos. Si tes dúbidas sobre que podes estudar, as saídas profesionais dos estudos que estás a cursar ou cal pode ser os estudos máis acordes contigo....
O IES F.Asorey comezou a súa andaina en 1990. A día de hoxe, imparte Ensinanza Secundaria, Bacharelatos, ciclos formativos, formación inicial básica..